Benvidos e benvidas. Esta páxina web do Concello de Teo pretende ser unha prolongación do lugar onde ducias de persoas traballan cada día coa finalidade de entre todas construír un fogar común no que vivir. Esta páxina ten, polo tanto, vocación de converterse nunha fiestra aberta que permita mirar dentro da casa para estarmos informados e informadas de todo o que acontece no seu interior e tamén, para facilitar a curto e medio prazo todas aquelas xestións vencelladas á vida municipal.
Este é, polo tanto, o principal motor da páxina web municipal: informar e dar servizo. Informar profesionalmente como aposta pola transparencia e non pola propaganda, para incentivar a opinión e a participación da cidadanía no seu contorno máis inmediato. Dar servizo, como fórmula de achegar a administración a todos os fogares do concello que a día de hoxe empregan na vida cotiá as novas tecnoloxías sen esquecer os futuros usuarios e usuarias.
Casa do Concello de Teo