O Concello de Teo está situado a uns 15 km da capital de Galicia e sepárano das capitais provinciais 87 km (A Coruña), 146 km (Lugo) e 115 km (Ourense).
Quen queira achegarse a este concello da comarca de Santiago pode facelo por estrada, a través de dúas vías. Por un lado temos a N-550 que une A Coruña e Tui e pasa polo noroeste do concello, establecendo comunicación entre Santiago e Padrón. Tamén podemos achegarnos a Teo a través da AC-841, que une Santiago e A Estrada e cruza o concello de norte a sur. Teo tamén o cruza a autopista A-9, que une as cidades da Coruña e Vigo.Mapa de estradas de Teo