Concello de Teo


Portada | Coñecendo Teo | Turismo | Cruceiro e ponte de Francos

Compartir:

Cruceiro e ponte de Francos

O Cruceiro románico do século XIV está situado na rúa de Francos, na parroquia de San Xoán de Calo e sinalaba a antiga vía da ruta de peregrinación.

Trátase máis ben dunha cruz gótica levantada e apoiada sobre unha pedra. Hoxe en día é un monumento admirable polos peregrinos que fan a ruta portuguesa do camiño de Santiago.

A composición deste cruceiro, feito de granito, é dunha pedra basta sen labrar, dun pedestal e un varal cuadrangular, dunha cruz rectangular onde se atopa a imaxe en releve do Cristo Crucificado. En ambos laterais da cruz hai unha imaxe dun peregrino. Unha está mellor conservada ca outra.

Tamén é destacable, a coñecida como ponte romana de Francos, na parroquia de San Xoán de Calo. Construída no medievo esta ponte é coñecida por estar localizada no camiño que levaba de Iria Flavia ata Santiago. Hoxe en día é un bonito lugar para gozar da natureza.
Cruceiro de Francos

Cruceiro de Francos

© 2008 Concello de Teo. Travesía da Ramallosa, nº 38, 15883 A Ramallosa - Teo (A Coruña). Teléfono: 981 81 57 00