Concello de Teo

Portada | Actualidade | Novas

Imprimir Enviar

Novas

Un novo concerto do XpresaTe-Ho! trae á formación The Homens a Cacheiras

CULTURA

Un novo concerto do XpresaTe-Ho! trae á formación The Homens a Cacheiras

03/09/2010 O Concello de Teo volve no mes de setembro a programar un novo concerto do XpresaTe-Ho! neste caso de rock. A formación The Homens actuará en Cacheiras o próximo 10 de setembro no campo da festa. Os concertos comezarán ás 22.00 horas e contarase coa presenza das formacións teenses MeDo MeDa e Meiga do Norte.
Comeza o Diverteo setembro nos Tilos, en Calo e na Ramallosa con case cen nenos/as matriculados/as

CONCILIACIÓN

Comeza o Diverteo setembro nos Tilos, en Calo e na Ramallosa con case cen nenos/as matriculados/as

01/09/2010 Co chegada do mes de setembro comeza a prepararse a volta ó colexio en moitos fogares e o Diverteo setembro, que se iniciou hoxe nos colexios dos Tilos, Calo e a Ramallosa, convértese nun aperitivo para os case cen nenos/as matriculados/as nesta edición.

DEPORTES

O Concello abre o prazo para anotarse na XIII edición da liga de fútbol sala municipal

02/09/2010 O

Concello de Teo prepara o arranque da XIII edición da Liga de fútbol sala municipal, unha competición con moita tradición no Concello. Trátase dunha actividade que se realiza para fomentar o deporte e que está dirixido ás persoas adultas.


O Concello abre o 1 de setembro a preinscripción nas escolas deportivas e os obradoiros culturais

CURSO ESCOLAR

O Concello abre o 1 de setembro a preinscripción nas escolas deportivas e os obradoiros culturais

30/08/2010 O Concello de Teo abre o 1 de setembro o prazo para realizar a preinscripción nas escolas deportivas para nenos/as e adultos e nos obradoiros culturais. A maioría das disciplinas xa se impartiron en anos anteriores polo que as persoas interesadas poderán continuar a súa formación na actividade que sexa máis do seu agrado.
Regresan os participantes no Campamento Xuvenil

MOCIDADE

Regresan os participantes no Campamento Xuvenil

24/08/2010

Na noite do 22 chegaron á Casa do Concello, onde os agardaban familiares e amigos que escoitaron as súas vivencias e experiencias durante estes días.


O Cacheiras A proclamouse campión do III Trofeo de Fútbol de Modestos Concello de Teo

DEPORTES

O Cacheiras A proclamouse campión do III Trofeo de Fútbol de Modestos Concello de Teo

23/08/2010

O Cacheiras A venceu 3 a 1 ao Recesende na final que se disputou este venres 21 de agosto no campo municipal da Cañoteira (Cacheiras).