Concello de Teo

Portada | Actualidade | Novas

Imprimir Enviar

Novas

LECER

O Concello abre un novo prazo de inscrición para o campamento xuvenil

22/07/2010
A Concellería de Educación e Benestar abre un novo prazo para anotarse no campamento de verán xuvenil para cubrir as prazas vacantes. Esta actividade está dirixida a mozos/as de entre 12 e 18 anos empadroados no Concello de Teo. O novo prazo de inscrición remata o 5 de agosto.
O campamento xuvenil realizarase no albergue de Santa Cruz en Oleiros entre os días 11 e 22 de agosto. Durante a estadía en Oleiros os/as participantes poderán practicar actividades como montar a cabalo, pasear en canoa ou visitar o aquapark. A cota de inscrición é de 90 euros por un participante da unidade familiar, 78 para o segundo irmá e 66 euros para o terceiro ou sucesivos.

 

Para formalizar a solicitude hai que entregar no Rexistro Xeral do Concello en prazo a ficha de inscrición que podes descargar pinchando aquí , unha foto tamaño carné, focopia do DNI ou libro de familia, fotocopia do documento de asistencia sanitaria, xustificante médico (se o pequeno/a ten algún tratamento específico) e o xustificante de ter aboadas as taxas. A documentación pode recollerse no Departamento de Deportes ou descargala da páxina web municipal. Para máis información sobre este tema podes chamar ó departamento de Deportes ó 981 815 700. 

Diverteo setembro

Por outra dende o 30 de xullo ó 16 de agosto ábrese o prazo para anotarse no Diverteo setembro que se realizará entre o 1 e o 9 de setembro ambas datas incluídas. Este programa de conciliación faise nos tres colexios en Calo, Os Tilos e A Ramallosa e está dirixido a nenos/as de 3 a 12 anos empadroados en Teo. O horario das actividades será de 08.00 a 14.30 horas e o prezo é de 15 euros para o primeiro irmán, 10 para o segundo e 5 para o terceiro e sucesivos. O Verán animado que se está celebrando durante o mes de xullo na Ramallosa contou este ano cunha alta participación de 160 nenos/as. Descarga aquí a ficha para anotarte no DiverTeo setembro.  

 

 

 

 

piraguismo

Documentación

+ Novas