O Departamento de Cultura municipal organiza este venres 23 de xullo un concerto de flamenco ó aire libre no parque da urbanización. Esta semana hai unha novidade respecto do concerto que se ralizou o venres 16, o cambio de hora. A actuación adiántase media hora co que comezará ás 23.00 horas.
O encargado da actuación desta semana é o trío flamenco de Iván García. Este músico de trinta anos é natural de Hospitalet de LLobregat, segundo explica el mesmo no seu espazo web. Neste momento reside en Compostela. É membro fundador do grupo Grodan defló, co que obtiveron o primeiro premio no V Certame Folk de Radio Obradoiro. Máis información pinchando aquí .
A semana pasada iniciábase este ciclo de música nos Tilos con Fred Martins Dúo e os seus sons brasileiros. Ó redor de 70 persoas desfrutaron desta iniciativa novidosa en Teo de concertos gratuítos ó aire libre con música de autor.
A serie de concertos péchase o venres 30 de xullo con Xacobe Martínez Antelo Cuarteto.
Fred Martins o pasado venres 16 durante a súa actuación