Concello de Teo

Portada | Actualidade | Novas

Imprimir Enviar

Novas

FEESL

O Concello instalará colectores subterráneos de recollida selectiva nos Tilos en en Augas Mansas

03/06/2010
O Concello de Teo ten adxudicado definitivamente o contrato de instalación de tres illas de colectores subterráneos que se colocarán na urbanizacións dos Tilos e en Augas Mansas.

Esta actuación medioambiental ten un custo de 178.947€ e está financiada na súa totalidade con cargo ao Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade Local -FEESL 2010-. Precisamente un dos parámetros que se usaban este ano para decidir as obras que se podían incluír no Fondo estatal era o carácter medioambiental da medida.

 

O contrato foi adxudicado o pasado 20 de maio á empresa Formato Verde e o concelleiro de obras, Rafael Sisto, agarda que as obras se realicen con premura aínda que o prazo de execución é de sesenta días naturais. Nos Tilos as dúas illas colocaranse na rúa Castiñeiro e o espazo no que se instalarán xa quedou listo na obra de reurbanización desa rúa. En Augas Mansas a empresa terá que encargarse ademais do suministro e da instalación tamén de abrir o foso.

 

Cada unha das illas terá seis bocas. Tres dos espazos serán para o lixo orgánico, mentres que as outra tres serán para a recollida selectiva: papel, vidro e envases. O Concello de Teo xa conta cun colector subterráneo deste tipo na zona de Cacheiras .

colector

+ Novas