Concello de Teo

Portada | Actualidade | Novas

Imprimir Enviar

Novas

SESIÓN ORDINARIA

O Pleno aproba unha moción sobre o teito do petróleo e o impulso das enerxías renovables

02/09/2009

A corporación teense aprobou no pleno ordinario do mes de agosto unha moción sobre o teito do petróleo no Concello de Teo e a necesidade de adoptar medidas municipais en materia de control de consumo e impulso no emprego de enerxías renovables. 

Durante o debate explicitouse a necesidade de recoñecer a dependencia actual do petróleo e buscar vías alternativas para o futuro.

A resolución contou cos votos favorables do PSOE e do BNG namentras o PP e InTeo se abstiveron. 

Podes descargar aquí o texto completo da resolución aprobada. 

Documentación

Ligazóns

+ Novas