Concello de Teo

Portada | Actualidade | Novas

Imprimir Enviar

Novas

SESIÓN ORDINARIA

O grupo de goberno leva a pleno de novo as facturas dos bonobuses sociais pendentes de pago dende o ano pasado

25/08/2009

A corporación teense reúnese mañá mércores 26 de agosto para celebrar a sesión ordinaria do pleno deste mes. O debate terá lugar, como xa é habitual, en horario de tarde, ás 20:00 horas, para facilitar a asistencia das persoas interesadas. A sesión realízase no Centro Sociocultural da Ramallosa, sede provisional da Casa do Concello.

O grupo de goberno volve a levar a pleno o recoñecemento extraxudicial de crédito das facturas do servizo de bonobús social do Concello. Trátase dun grupo de facturas por importe de 24.482 euros que están pendentes de pago dende o ano pasado.

 

Segundo explica o alcalde “estas facturas xa foron a pleno en dúas ocasións máis e atopámonos nunha situación de bloqueo na que non podemos pagarlle ás empresas polo traballo realizado”.

 

Nos plenos nos que se levaron estas facturas, xunto con outro montante, que foi desbloqueado, “o Grupo Socialista establecía uns requisitos para apoiar este punto que sabe que neste momento é imposible de cumplir” matiza Noriega.

 

Os bonobuses sociais foron aprobados no ano 2000 en pleno polos grupos da corporación teense a proposta de Manuel Parajó. O grupo de goberno entende “que a problemática económica deste tema ten que solucionarse pola vía do novo convenio do transporte comarcal que contempla tarxetas con perfís sociais e un sistema de copago entre a Xunta e os Concellos”. Sen embargo “a día de hoxe o panorama que nos trasladan dende a Dirección Xeral de Transportes é que ata o 2010 non imos ter ese novo documento” explica o alcalde teense.

 

Ademais dese punto a corporación poderase pronunciar sobre un expediente de recuperación dun camiño público en Oza e unha moción sobre a necesidade de impulsar medidas municipais en materia de control de consumo e no emprego de enerxías renovables

 

A orde do día ten os seguintes puntos:

 

pleno

+ Novas